Os socialistas ribeirenses piden o pleno que condene a invasión de Ucraína

15 Marzo 2022

O PSdeG-PSOE, presenta unha proposición para a súa aprobación no Pleno da Corporación Municipal de Ribeira, pola que se pide se condene enerxicamente a agresión de Rusia contra Ucraína, se rexeite por completo a invasión das forzas militares rusas e se exprese a solidariedade co Goberno e o pobo ucraíno.
No seu escritos os socialistas din que esta agresión é unha flagrante violación do dereito internacional e contra a soberanía e integridade territorial de terceiros países.

No mesmo pídese que o Pleno do Concello de Ribeira se amose a favor da resolución pacífica dos conflitos, apoiando accións encamiñadas a facilitar o diálogo, así como a favor de sancionar o incumprimento do dereito internacional.
Por todo o anterior, o Grupo Municipal Socialista insta o Pleno da Corporación para realizar a seguinte declaración pola que se pide o cesamento das hostilidades e o retorno á negociación e a diplomacia,
reiterando a necesidade de cumprir cos Acordos de Minsk e o dereito internacional. Que exprese a súa solidariedade con todas as vítimas deste conflito e brinda todo o seu apoio ás organizacións que traballan na defensa e protección dos dereitos humanos.

Piden que o Pleno se manifésta xunto ao Goberno de España e a Unión Europea, esixindo a legalidade internacional e o restablecemento inmediato da paz, guiada polos principios e valores democráticos que compartimos con Europa nesta crise.

E tamén que expresa o seu máis firme compromiso coa defensa dos principios da democracia, o Estado de Dereito e a protección dos dereitos fundamentais consagrados no Preámbulo do Tratado constitutivo da Alianza do Atlántico Norte e a Constitución da Unión Europea.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.