Os socialistas din que a “baixa execución” da Xunta derivará nunha perda de fondos europeos para o mar e a pesca

03 Marzo 2022

A voceira de Pesca do Grupo Parlamentario Socialista, Patricia Otero, alertou este xoves 3 de marzo “da posibilidade de que se perda unha gran cantidade de fondos europeos para a pesca e o sector do mar pola lentitude e a falta de eficacia da Xunta á hora de executalos”.

Otero expresou a súa preocupación polo que cualifica “un risco de perda de fondos” na Comisión de Pesca do Parlamento, tras coñecer que aínda quedan por executar 171,50 millóns de euros dos 371,02 de euros que se lle asignaron a Galicia no FEMP. Isto, dixo, supón “menos do 50 por cento”, en concreto o 42,37 por cento, nunha comunidade “na que o sector é estratéxico e fundamental” e ademais “cando tan so queda pouco máis ano e medio para culminar a súa xestión”.

Na súa pregunta ao Goberno galego, Patricia Otero criticou “a lentitude”, dixo, “que sufriu a execución destes fondos no ano pasado”, algo para o que “non poden usar como pretexto a complexa situación derivada da pandemia”. Nesta liña explicou que “en 2020, nos peores momentos da crise da COVID, executáronse 62,9 millóns de euros, mentres que en 2021 a cantidade foi menor e só chegou aos 47,8”.

Otero tamén lamentou o que cualifica de “falta de resultados” derivada da posta en marcha dunha subdirección xeral específica para axilizar e optimizar a xestión destes cartos. “Tiñamos postas moitas esperanzas en que se notase a posta en marcha deste organismo”, sinalou Otero, “pero o certo é que os datos non o demostran”. Segundo dixo, “dende maio do ano pasado só se executaron 82,50 millóns de euros”, o que evidencia, engadiu, “que a entidade non está a facer que se cumpra o obxectivo que se marcou cando se creou porque non foi quen de darlle un pulo ao sector”.

Neste contexto, Patricia Otero instou á Xunta a “traballar con feitos a prol dos profesionais do mar, executando unha maior cantidade dos fondos FEMP” porque “existe a posibilidade de que se perdan moitos millóns de euros e que acaben por non beneficiar ao sector”.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...