Os ribeirenses emprenderon a penúltima etapa do Camiño de Santiago ” A Orixe”

A expedición ribeirense cunha vintena de veciños que dende o pasado febreiro están a percorrer nas fins de semana o Camiño de Santiago do Barbanza ‘A Orixe’ completaron no día de onte o quinto e último tramo, entre Quintáns e Padrón cunha lonxitude de 16,6 kilómetros e dificultade media.
Restan polo tanto tan só 25 kilómetros para completar esta empresa e alcanzar a Catedral de Santiago.
Entre os asistentes estiveron presentes unha fin de semana máis os concelleiros Juana Brión e Víctor Reiriz.