Os colexios de Rianxo organizan unha charla sobre diversidade, trastornos nas aulas e TDAH

29 Marzo 2022

Este mércores 30 de marzo o Auditorio Municipal de Rianxo vai acoller unha actividade de gran interese para a comunidade docente e para as familias: unha charla sobre a diversidade no alumnado, sobre os trastornos psiquiátricos que se dan nas clases con máis frecuencia e sobre como abordar do mellor xeito posíbel o que se coñece coas siglas TDAH (Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade).

Organizan o CRA de Rianxo, CEIP ADR Castelao e CEIP Ana María Diéguez, ao abeiro das actividades da ENAPA (Escola de Nais e Pais).

A charla comezará ás 18:00 horas e remata ás 20:00h, na mesma participarán Elvira Ferrer (vicepresidenta da Fundación INGADA) e Claudia Balado (psicóloga sanitaria).

Para inscribirse poden facelo en calquera dos centros educativos ou nos seguintes teléfonos: 981860061 604024012.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.