“Onde van as almas dos bebés non nacidos?” – Manuel Domínguez

27 Marzo 2022

Onde van as almas dos bebés non nados?

Entre 250 millóns, só ti fuches o campión, o mais rápido, o mais audaz, tardaches un día en chegar á meta, percorriches unha escura autoestrada sen sinais, sen luz, así ao valente alcanzaches a meta e tiveches boa puntaría para fecundar un ovulo de 0,14 milímetros.

O tempo transcorre, entre bágoas, dúbidas, desconcerto, entre alegría e dor, o incerto predomina.

Na semana 20 xa se sabe, pódese apreciar se es neno ou nena.

Hai quen opina que é unha barbaridade traer vida a este val de bágoas, hai quen creará un ceo para terche e estará agradecido.

Nai solteira, ou non solteira, vés a este mundo de forma inoportuna, a cambiar ou esnaquizar unha vida, cada situación é diferente, e non opinable, desde o meu punto de vista, ese evento non pasa en min, esa dor non é miña, só gardo respecto.

Ao medio ano, di que o primeiro día da primavera, puxeches as catro estaciones de Vivaldi.

Hai quen di es dona do teu corpo podes facer o que consideres oportuno.

El di, non, eu son eu, con vida propia e independente, habito dentro de ti, ti es o meu fogar, pero eu son vida independente, escoito o teu corazón, e cando non o escoitaba, seguía sendo independente, ao mes e medio xa tiña cerebro.

Todo o que lle fagas ao teu corpo aféctame a min, se bebes, se fumas, se es feliz ou desgraciada, todo iso aféctame, son unha vida propia que habita en ti, pero non che pertenzo.

“Os teus fillos non son os teus fillos son fillos e fillas da vida desexosa de si mesma. Non veñen de ti, senón a través de ti e aínda que estean contigo non che pertencen. Podes darlles o teu amor, pero non os teus pensamentos, pois eles teñen os seus propios pensamentos”. Khalil Gibran.

Pasaron os anos, moita dor, moito sufrimento, desprezo, só o sabe quen o vive.

Hoxe anciá, esa muller un día repudiada, hoxe é unha raíña nun feliz fogar, o seu fillo agradecido cólmaa de bendicións, pregúntaslle cal é a palabra que mais felicidade che provoca, ou cales son a palabras máis belas do mundo.

Cando as miñas dúas netas me chaman avoíña.

E cal é o día máis feliz.

O día que o meu fillo me trouxo unha filla, que non nora.

A vida, a historia escribiu moito no seu rostro.

Eu non me sumo dacabalo gañador, non sigo a moda, nin temo, nin combato aos que tiran pedras aos avións.

Compartas ou non o meu sentimento, espero tan só comprensión.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...