“O sector gandeiro, con problemas de subministración de gran”. Antón Luaces

09 Marzo 2022

Que Rusia e Ucraína son -ou eran ata o de hoxe- os máis importantes celeiros de Europa e un dos de maiores producións de gran do mundo, é algo que certifican moitos gobernos cuxas previsións de subministración de gran, aceite de xirasol, etc., veñen de se ver moi afectados pola cruenta invasión que da Ucraína fai a viciña Rusia. Un problema que, malia ser grave, pode ter remedio en boa medida: nestes momentos hai dispoñibles e invendidas 13,6 millóns de toneladas de millo en Estados Unidos, 7,5 millóns de toneladas de millo en Arxentina e 100.000 toneladas de semente de xirasol e 400.000 toneladas de torta de xirasol tamén en Arxentina.Son datos facilitados a este xornal pola CESFAC -organización que agrupa a representantes dos fabricantes de alimentos animais españois- que cita ás administracións  nacional e comunitaria para informar de que España vai autorizar  de inmediato a adopción de medidas  que permitirán en breve reabastecer as necesidades de alimentación do gando.
Antes de que comezaran as hostilidades en Ucraína, a CESPAC tiña solicitado ás autoridades que fixeran posible a autorización excepcional de importación de millo de orixe estadounidense, canadense a arxentino, así como xirasol arxentino, dispoñible actualmente no mercado internacional.As cifras anteriormente citadas e dispoñibles nos países americáns, a partir de finais deste mes de marzo estarán no mercado  con 15,4 millóns de toneladas de millo de colleita nova arxentina, cantidade que cubriría sobradamente as necesidades da produción española de alimentos compostos para animais ata o enlace de campaña, e boa parte da demanda europea. Por razóns técnico-regulatorias non vencelladas a temas de calidade ou seguridade alimentarias non se agardaba a exportación á UE desas cantidades.O Consello Extraordinario de Ministros de Agricultura europeos, reunido o pasado 2 de marzo, xa tratou as peticións da CESPAC pola mediación do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. O estudo e posterior toma de decisións sobre estas medidas será debatido nunha reunión prevista para o vindeiro 21 de marzo.Tanto en España (onde o sector porcino espera alternativas da UE ao cereal ucraíno dadas as previsións de suba de prezos do leitón ao ritmo de Alemaña) coma no resto de Europa existe un desabastecemento notable e unha feroz especulación nos prezos de materias primas, o desbloqueo de importacións das materias primas esenciais para o sector gandeiro -no que Galicia ten unha grande importancia- pode pechar as portas  a un posible axuste á baixa da cabana gandeira á capacidade de produción de alimentos de no contar con esas orixes alternativas á oferta ucraína que, de todos os xeitos, por danos na cadea de subministración, non pode restablecerse a medio prazo. 

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.