O Santa Isabel e Sálvora protagonistas na TVG

08 Marzo 2022

Este 8 de marzo, coincidindo co “Día Internacional da Muller” a Televisión de Galicia fai unha programación especial en horario de prime time no que se proxectará a versión galega da película “A Illa das mentiras”, rodada en varios puntos da comarca Aguiño, Muros, Cambados, Sálvora…etc.

A traxedia do Santa Isabel e as vida das mulleres de Sálvora tralo afundimento do vapor-correo Santa Isabel, son os protagonistas dunha historia que fai unha interpretación libre do naufraxio, no que faleceron 213 persoas, e da vida dos aldeáns desde aquel 2 de xaneiro de 1921.

Dirixida por Paula Cons, a película conta cun elenco no que figuran, entre outros, Nerea Barros, Aitor Luna, Darío Grandinetti, Victoria Teijeiro e Ana Oca. Ademais, obtivo varias distincións nos Mestre Mateo.

Despois da película a canle autonómica proxectará o capitulo da serie “Buscadores de naufraxios, O Santa Isabel”, no que se conta a historia do naufraxio e permitirá coñecer como están os restos do pecio na actualidade, declarado o 2 de xaneiro de 2021 como Ben de Interese Cultural.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.