O rianxeiro Anxo Muíños presenta “Xinque!” na súa terra o vindeiro venres 25

18 Marzo 2022

O rianxeiro Anxo Muíños vai presentar o seu novo libro, Xinque!, no salón de actos do Auditorio de Rianxo. Será o vindeiro venres 25 de marzo ás 19.00 horas.

Na presentación ademais do autor estarán presentes Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo), Rafa Xaneiro (corrector), Roberto Abuín (editor) e Xosé Carou (autor do epílogo)

A reserva pode facerse na web municipal, a través da sección de reservas.​​​​

A reserva será efectiva cando se confirme dende o auditorio (non é inmediata).

O autor e a obra

Anxo Gómez Figueira, coñecido como Anxo Muíños (Taragoña, Rianxo, 1966), é un escritor moi envorcado na cultura mariña e nas historias e escenarios dende os que reivindicar a defensa do noso medio. Xinque!, editada polo selo da nosa comarca Toxosoutos, é a segunda parte dunha saga que arrincou con O alén dos barqueiros. Segundo explicou o autor nunha entrevista con Nós Diario, “se en O alén dos barqueiros o protagonista era o antropólogo sueco Ingemar Westtertorma, que no marco da II Guerra Mundial viaxaba desde a súa terra até Portugal, pasando por diferentes países, entre eles a Galiza, en Xinque! a protagonista, Fanes, é a filla daquel antropólogo; unha rapaza comunista que percorre diferentes países até rematar en California, en pleno auxe do movemento hippie”. Esta segunda parte abrangue os anos entre 1965 e 1969 e remata cando militantes do movemento indio de Estados Unidos ocupan a prisión de Alcatraz, en San Francisco.

Outros artigos

Este venres comezan as festas patronais de Santa María de Roo (Noia)

Este venres 14 de agosto comezan as festas patronais de agosto, edición 2026, de Santa María de Roo (Noia), organizada pola veciñanza (comisión de festas) coa colaboración do Concello. Farano cunha gran verbena a cargo da Orquestra Panorama City e co acompañamento de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Recreación histórica” – Xulio Xiz

“Recreación histórica” – Xulio Xiz

As festas de recreación histórica están de  moda. Algunhas, coma o Arde Lucus, permiten a unha cidade reivindicar con entusiasmo feitos do pasado, conseguindo difícil unanimidade arredor dunha historia, lenda ou idealización. O mesmo acontece con labores extintas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.