O Premio Rosalía de Castro de lingua chega á súa XIII edición con 15.000 euros para os gañadores e gañadoras

25 Marzo 2022

A décimo terceira edición do Premio Rosalía de Castro de lingua, convocado pola área provincial de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña vén de anunciar que a data límite para presentar solicitude remata o 29 de abril.

Con este certame quérese dar recoñecemento a iniciativas, traballos recentes, traxectorias de persoas individualmente, colectivos ou entidades comprometidas coa promoción e dignificación social do patrimonio lingüístico galego, tanto no eido da provincia como a nivel galego.

Cómpre dicir que o dito concurso está dotado con 15.000 euros, establecendo un premio de 5.000 euros por cada unha das súas tres categorías: á persoa e á entidade que máis salienten na promoción da lingua galega e ao proxecto concreto (ferramentas, publicacións/coleccións, portais, webs..) de dinamización lingüística que realice un traballo específico cos treitos da poboación de menor idade, infancia e mocidade e que atenda espazos emerxentes de uso da lingua co obxectivo de premiar a innovación e o futuro.

A xeito de curiosidade, sinalar que os gañadores e gañadoras da pasada edición (2021) foron: Xaquín Marín, na categoría A; a Agrupación Astronómica Coruñesa ÍO, na Categoría B; e, Twitter en galego, na categoría C. Outras e outros premiados en anteriores edicións foron: Pirilampo, Galipedia, Proxecto Apego, Correlingua, a Mesa pola Normalización Lingüística e Xabier P. Docampo.

As bases do Premio Rosalía de Castro de lingua poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia do 15 de marzo e tamén descargarse dende unha ligazón específica.

Outros artigos

A Orquestra Sinfónica de Galicia soará novamente en Ribeira

Este venres 16 de setembro celebrouse en Ribeira a presentación dun concerto que fará as delicias dos amantes da música clásica. Asistiron o rexedor, Luís Pérez, o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta e a concelleira de Cultura, Antía Alberte. No marco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

Era un día de choiva, como moitos outros deste ano e de anos anteriores, chovía sen parar tampouco paraba a chuvia no chan. Era un día como moitos, chovía a destempo aquí e alí, aun par de quilómetros, o sol quentaba as canelas e o carrelo da xente que pasaba. Era...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.