O PP de Ribeira reclama a baixada de impostos de enerxía e carburantes

23 Marzo 2022

Os populares de Ribeira presentaron unha proposición que será debatida no pleno municipal na que insta o Goberno central a baixar os impostos da enerxía e os carburantes. Ao mesmo tempo, reclama a adopción de medidas específicas para os sectores máis afectados polo impacto económico da guerra de Ucraína, como son o transporte, as industrias electrointensivas, a pesca, a agroganadería e o turismo.

A iniciativa, que deberá ser tratada no pleno que a corporación celebrará o luns, tamén expón reverter o incremento xeneralizado de impostos, descartando a implantación de peaxes nas autovías porque supoñerían novas cargas para as familias e os sectores produtivos esenciais.

De igual maneira, o PP, a través do seu portavoz, María Sampedro, propón solicitar á Xunta para que analice, cos sectores máis afectados polas consecuencias da invasión e, en coordinación coas políticas impulsadas pola UE e polo Goberno de España, a poñer en marcha, no ámbito das súas competencias, aquelas medidas necesarias para mitigar a situación pola que atravesan estes sectores.

Portavoz popular ribeirense, María Sampedro

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...