O Concello de Dodro organiza un percorrido en seis etapas polo Camiño de Santiago A Orixe

15 Marzo 2022

O Concello de Dodro, a través da área de Deportes, vai organizar os días vindeiros unha actividade para convidar á cidadanía a que coñeza o itinerario xacobeo que pasa polo termo municipal, en dirección O Barbanza e cara a terras de Sar e Compostela: o Camiño de Santiago A Orixe. Será un percorrido en seis etapas, dende o Faro de Corrubedo até Padrón.

As andainas desenvolveranse os días 26 de marzo, o 2, 9, 23 e 30 de abril, e o día 7 de maio. As inscricións deben facerse no Departamento de Deportes por orde de solicitude ata cubrir as 50 prazas dispoñíbeis (no teléfono 981 802 532 e en deportes@dodro.gal). O custo será de 36 euros, cubríndose o desprazamento en autocar ao punto de inicio e fin de cada etapa, amais dun avituallamento para cada día e seguro. Achegaranse 50 prazas. Organiza o Concello de Dodro (área de Deportes) en colaboración coa Deputación da Coruña.

Segundo informa o departamento de Deportes, “este é un camiño se Santiago diferente a outros xa cubertos polo Concello de Dodro xa que ao cruzar toda a península da Barbanza poderase desfrutar do mar durante moitos quilómetros así como de vilas mariñeiras tan singulares como Aguiño, Pobra do Caramiñal, Cabo de Cruz e Rianxo”.

Outros artigos

O Consello de Contas outorga unha nota alta a Dodro

O pleno de setembro en Dodro aprobou distintos asuntos de importancia como convenios de colaboración cos concellos veciños, o POS adicional 2 da Deputación ou o informe fiscalizador do Consello de Contas. O Consello de Contas, na reunión do pasado 29 de xullo, emitiu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.