O Concello de Boiro pon recursos a disposición para a atención da crise humanitaria do pobo ucraíno

05 Marzo 2022

O Concello de Boiro pon a disposición os recursos necesarios para a atención da crise humanitaria do pobo ucraíno. Seguindo as recomendacións da Fegamp e o Goberno Central, estase a elaborar unha lista de familias acolledoras e, a partir do luns, farase un acopio de alimentos non perecedeiros e outros bens de primeira necesidade.
O departamento de Servicios Sociais comezou xa a facer unha listaxe de familias acolledoras de nenos e nenas de Ucraína. Todas aquelas persoas interesadas converterse en familia de acollida deben poñerse en contacto cos servicios sociais comunitarios do Concello de Boiro.
Vaise comezar tamén un acopio de bens de primeira necesidade, sobre todo alimentos non perecedeiros e medicinas para poder distribuír entre a poboación ucraína que se acolla na comunidade. Seguindo as indicacións da Fegamp e as administracións e dada a dificultade de asegurar unha correcta distribución do material humanitario recomendase que se reserve á espera de novas indicacións.
O Concello de Boiro, seguindo as indicacións das demais administracións, fai tamén unha chamada á orde para non entorpecer as xestións de axuda que se prestan dende os distintos municipios e provincias.

Outros artigos

Amicos énchese de personaxes de cinema para celebrar o Samaín

Meigas, criaturas do máis alá e personaxes dalgunhas das películas máis coñecidas do cinema de terror déronse cita na sede boirense de Amicos para celebrar o Samaín 2026. O Centro de Atención Integral transformouse nun escenario de película, onde persoas de todas as...

+

Ribeira iza a súa quinta Bandeira Verde

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, xunto ao concelleiro de Medio Ambiente, Víctor Reiriz, izaron hoxe no paseo marítimo de Coroso a quinta Bandeira Verde de Galicia que recibe o municipio por quinto ano consecutivo. Esta distinción fundaméntase nun total de 11...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

Cantó en la entrega del Princesa de Asturias un fragmento de Wing, a sus 79 años, desmelenada según costumbre, áspera y afinada melódicamente. Escuché por you tube algunas de sus canciones espectáculo en auditorios petados con megafonía alta ante público entregado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.