O Concello de Boiro ofrece formación en operacións básicas de restaurante-bar, curso correspondente ao plan de Accións Formativas para Desempregados (AFD). O prazo de inscrición está aberto e pode facerse a través do Servizo de Orientación Laboral.
A formación ofertada en operacións básicas de restaurante-bar é de nivel 1 e está dirixida a persoas desempregadas, consta de 368 horas de duración, que se vai desenvolver entre os meses de marzo e xuño en horario de 16.00 a 21.00 horas. O programa inclúe capacitación específica no ámbito da hostalería así como módulos transversais para a integración laboral e tamén prácticas profesionais non laborais en empresas.

O número máximo de prazas ofertadas é de 15 e para participar é preciso estar inscrito como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia. Toda a información sobre os cursos AFD no departamento de Orientación Laboral, de xeito presencial, no teléfono 981 84 26 09 ou no enderezo electrónico francisco.abuin@boiro.gal
O Concello de Boiro ofrece estas accións formativas para persoas desempregadas ao abeiro dunha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para accións formativas do Plan formativo para o emprego.