O Concello de Boiro desenvolve obras en Pomar do Río

02 Marzo 2022

O Concello de Boiro vén de executar obras de pavimentado en Pomar do Rio, unhas actuacións que segundo fontes do Consistorio completan o asfaltado de camiños rurais a parcelas agrícolas que se realiza mediante as axudas do Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2021-2022 e que concede a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).

En concreto, a actuación que se levou a cabo en Pomar do Rio contempla o pavimentado dun tramo de 351 metros lineais de 3.5 metros de ancho e completa as actuacións levadas a cabo en Bermo, onde se actuou en dúas vías. O importe total das actuacións ascende a 49.523,57 euros, coas que se actuou en tres estradas rurais que estaban nun estado deficiente.

Como dixemos as actuacións realizáronse mediante unha liña de axudas da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), correspondente ao Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas co obxectivo de facilitar o seu paso e tamén mellorar a accesibilidade e interrelación entre pequenos núcleos do rural.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.