O concelleiro socialista, José Manuel Suárez-Puerta, candidato á secretaría do PSdeG-Psoe de Ribeira

02 Marzo 2022

A comisión executiva actual do Psde G-PSOE propón unha candidatura encabezada por José Manuel Suárez Puerta para a secretaría local de Ribeira. O socialista é concelleiro na corporación municipal desde xaneiro do pasado ano, cando ocupou a acta trala renuncia de Rita Rial.

José Manuel Suárez-Puerta postúlase como o substituto de José Manuel Vilas, que non pode repetir como secretario da agrupación ao levar xa 12 anos no cargo xa que os estatutos do partido establecen que ese é o período máximo para ocupar a secretaría. A asemblea está fixada para as dez da mañá en primeira convocatoria e para media hora máis tarde en segunda.

Os candidatos deberán presentar unha lista pechada na que figuren tamén os nomes das persoas propostas para desempeñar, como mínimo, os postos de secretaría de organización, política municipal e administración.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.