O BNG reclama ao Goberno medidas para paliar a crise do sector pesqueiro

18 Marzo 2022

O deputado do BNG, Néstor Rego, vén de rexistrar iniciativas con propostas de medidas urxentes que ao xuízo da agrupación “debe adoptar o Goberno do Estado para paliar a crise actual do sector pesqueiro e minimizar seu o impacto”. En concreto, reclama “estabelecer unha rebaixa da imposición sobre os hidrocarburos, activar as axudas de minimis e compensacións económicas que palíen os amarres e paros que se produzan, así como aplicar o IVE superreducido de 4% a produtos do mar para fomentar o consumo”. Ademais, a organización nacionalista urxe “paralizar as reformas europeas e estatais postas en marcha para a eliminación das bonificacións ao combustíbel pesqueiro”.

Rego fixo saber que “a situación actual é insostíbel e as perdas económicas, laborais e sociais que poden implicar, incalculábeis”. E engadiu: “Hai que estabelecer unha rebaixa da imposición sobre os hidrocarburos, cando menos até que a inflación non se estabilice, que permita o mantemento da actividade pesqueira, así como aprobar axudas temporais ao sector pesqueiro afectado polo incremento dos custos de produción, a través das axudas de minimis, co obxecto de asegurar a viabilidade da actividade”.

Así mesmo, Rego demanda paralizar as reformas europeas e estatais en marcha que pretenden eliminar as bonificacións ao combustíbel pesqueiro e “implantar medidas urxentes de compensación económica que palíen os amarres e paros que se produzan como consecuencia da situación de altos custos actuais”.

Ademais recorda que é necesario aplicar o IVE de tipo superreducido de 4% aos produtos do mar- en lugar de 10% actual- por “tratarse de bens de primeira necesidade e por ser o seu consumo fundamental para manter a saúde da cidadanía, co que se aseguraría que se manteñan as vendas e unha alimentación de calidade a un prezo asequível”. Esta medida, dixo, conta co apoio da OMS e a Resolución do Parlamento Europeo, do 20 de outubro de 2021, sobre unha Estratexia “da Granxa á Mesa” para un sistema alimentario xusto, saudábel e respectuoso co medio ambiente que recomenda estabelecer un tipo nulo de IVE para os alimentos saudábeis e sostíbeis.


Outros artigos

“España, dos estrellas. Alberto Barciela

ESPAÑA, DOS ESTRELLAS Este país es imposible inventarlo. Ni Azcona con sus guiones, ni Berlanga con sus corrosivas estampas de lo cotidiano, ni Picasso con sus trazos fragmentados, ni Dalí con sus deformados dibujos, ni Valle con sus esperpentos, ni Carandell con sus...

+

Martes 21, xornada de sol e lixeiro ascenso das máximas

Xornada con tempo maioritariamente seco, solleiro e de corte estival tanto na capital galega como en todo o litoral sur, aínda que coas habituais brétemas matinais da época. As Rías Baixas: o sol gañará a partida ás brétemas costeiras No litoral atlántico, a xornada...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

“Benvidos campións” – Antón Luaces

“Benvidos campións” – Antón Luaces

Chegaron ao aeroporto Adolfo Suárez de Madrid-Barajas. Era primeira hora da tarde do luns. Visitaron aos Reis de España no palacio da Zarzuela e  ao presidente do Goberno na Moncloa. A continuación, nun autobús descuberto, fixeron unha ruada por Madrid que rematou en...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.