O alumnado do Obradoiro de Emprego Torre Goiáns de Boiro recibe formación sobre o uso de maquinaria forestal e agrícola

22 Marzo 2022

O alumnado participante no Obradoiro de Emprego en Xestión Forestal de Boiro (o Obradoiro Torre Goiáns), que leva a cabo o Concello, asistiu a unha demostración sobre o manexo e funcionamento dunha biotrituradora profesional para o seu uso durante os traballos de formación que están a realizar na contorna do Pazo-Torre de Goiáns.

Esta actividade forma parte da formación práctica na contorna da finca de Goiáns na que participa o alumnado, realizando traballos de recuperación e coidado das árbores naturais que se atopan na finca para a conservación das especies autóctonas. Co emprego desta biotrituradora facilítanse os traballos de redución dos residuos xerados coa poda e á vez o alumnado familiarizase co emprego de maquinaria específica para as tarefas que está a levar a cabo.

A formación deste Obradoiro de Emprego está dividida en dúas especialidades. Unha parte do alumnado formase en Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes e outra en Repoboacións Forestais e Tratamentos Silvícolas. Ademais da formación teórica e da posta en práctica das habilidades adquiridas, o alumnado formase tamén en competencias xenéricas e destrezas para a procura de emprego.

O Concello de Boiro desenvolve o Obradoiro de Emprego en xestión forestal Torre Goiáns – Boiro durante o curso 2021-2022 mediante o financiamento da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, ao abeiro das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.