O alumnado do cuarto Ciclo da USC en Ribeira visita A Coruña

14 Marzo 2022

As alumnas e alumnos do cuarto Ciclo da Universidade de Santiago que está a realizar á súa aprendizaxe na súa sede en Ribeira levaron a cabo unha viaxe de estudos á cidade da Coruña como complemento á súa formación.

Os veciños estiveron acompañados da súa profesora de Historia da Arte, María Dolores Barral Rivadulla, e aproveitaron para visitar entre outros puntos a exposición retrospectiva do fotógrafo de Peter Lindbergh Untold Stories, que se exhibe ata o 31 de marzo no peirao de Batería do porto herculino.

Unha vintena de alumnos están a participar no curso do IV Ciclo da USC, que está dirixida a persoas maiores de 50 anos, sendo esta a súa terceira edición no noso municipio. Desenvolverase ata o mes de maio, con materias como Nutrición, Aprendizaxe Emocional e Benestar, Patrimonio Bibliográfico e Documental, Introdución á Zooloxía, Psicoloxía e Historia da Arte.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.