“Nubes de chumbo no sector pesqueiro” – Antón Luaces

31 Marzo 2022

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, ten nas súas mans a sustentabilidade da pesca. Así o dixo a este xornal o presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores, o burelense Basilio Otero.

O secretario xeral de PescaGalicia, Torcuato Teixeira, coida que o acordado o martes no Consello de Ministros foi “unha gran decepción. Unha das medidas era topar o prezo do combustible para darlle seguridade ás empresas pesqueiras, e non se adoptou. O Consello foi un pouco de postureo, mais para o sector pesqueiro é unha decepción. A bonificación da seguridade social sería válida de se manter polo menos ata finais de ano, senón é unha moratoria que se terá que pagar máis tarde!.

O ribeirense José Antonio Pérez, presidente da Federación Galega de Confrarías é rotundo cando afirma que “Non queríamos axudas, senón que retiraran os impostos. As axudas acordadas son insuficientes: pedíamos un mínimo de 35 céntimos de bonificación en litro de combustible, e os 20 que ofertan non valen para nada”.

Malia todo, de momento non se fala de amarre da frota. Esta segue a pescar, non se sabe exactamente ata cando. Pero as confrarías -que celebrarán esta fin de semana unha asemblea telemática- van concentrarse este sábado en Madrid.

Se para os medios de comunicación radicados en Madrid, Luis Planas é o mellor ministro de Pesca que España podería ter, o sector pesqueiro -supostamente máis coñecedor do que se “coce” no mar- non cualifica tan alto, nin moito menos, a xestión ministerial, en cuxas mans deixa o presidente nacional dos pósitos a sustentabilidade dun sector do que agora mesmo dependen 7.000 barcos que son os que subministran de peixe e marisco os mercados de toda España.

Onde está a desconexión? Probablemente nas bonificacións do carburante. As que se outorgan dende o Goberno non son as que demanda o sector, e os 68 millóns de euros aprobados o martes para reducir os efectos do incremento dos carburantes non chegarían para nada se a frota amarra nos portos e deixa, polo tanto, de pescar e coa xente no paro.

Desconexión, xa que logo. E aínda que as pantallas non van a negro, como na televisión, o ceo vai sendo cada vez máis de chumbo no panorama pesqueiro galego e nacional.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.