Muros acolle a presentación dun libro sobre o marisqueo en Muros-Noia e a sinatura para acadar o recoñecemento da UNESCO a esta actividade

09 Marzo 2022

O salón de plenos do Concello de Muros acollerá este venres 11 de marzo, ás 10:30 horas, a presentación do libro Cultura do marisqueo na ría de Muros-Noia, da antropóloga Guadalupe Jiménez. O acto contará coa presenza dos alcaldes de Muros, Noia, Outes e Porto do Son (Inés Monteagudo, Santiago Freire, Manuel González e Luis Oujo) e dos patróns maiores de Muros, Noia, Portosín e Porto do Son (Daniel Formoso, Santiago Cruz, Isaac Gaciño e Emilio Queiruga). Rexedores e patróns asinarán o acordo que inicia o trámite formal para a declaración da cultura do marisqueo da Ría Muros-Noia como Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO. Esta sinatura porá en marcha formalmente o procedemento ante as administracións responsábeis de outorgar a dita declaración: Xunta de Galicia, Ministerio de Cultura e UNESCO. Así, o primeiro paso será rexistrar ante a Administración autonómica a solicitude formal de inscrición no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia.

A antropóloga da USC Guadalupe Jiménez

Ademais, presentarase tamén o convenio marco coa Asociación Nacional de Mulleres da Pesca de Chile para avanzar na candidatura conxunta ante a UNESCO.

O libro Cultura do marisqueo na ría de Muros Noia é unha monografía elaborada por Guadalupe Jiménez Esquinas, profesora titular da Universidade de Santiago. Foi financiada polas Confrarías de Pescadores de Porto do Son e de Muros a través do GALP Costa Sostible, a Consellería do Mar e o Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pedro Sánchez e Israel”. José Antonio Constenla

“Pedro Sánchez e Israel”. José Antonio Constenla

Lo último de Pedro Sánchez, convertido en agente propagandístico de Hamas,es tachar a Israel de “Estado genocida”. Más allá del estruendo mediático, lopreocupante no es tanto la acusación en sí, sino lo que representa, porque esun gesto diplomático de enorme calado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.