Galicia atoparase durante esta xornada no límite do radio de acción dunha borrasca localizada no Atlántico ao oeste de Irlanda, achegando inestabilidade.
Teremos polo tanto un día de ceo parcialmente nubrado, con chuvias febles e ocasionais pola mañá, máis probables no litoral atlántico e no sur que serán máis xeneralizadas pola tarde. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán de compoñente sur, con intervalos de moderado no litoral atlántico.

O NOS MAR: Vento do sur á mañá e á tarde e do leste á noite, forza 4 a 5 á mañá e á tarde e 2 a 3 á noite. Forte marusía á mañá e á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade mala. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 3.5 metros á mañá e 3 a 4 metros á tarde e á noite.
Mareas
Muros | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 00:15 | 0.5 m |
Preamar | 06:31 | 3.7 m |
Baixamar | 12:38 | 0.6 m |
Preamar | 18:50 | 3.6 m |
Vigo | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 00:05 | 0.6 m |
Preamar | 06:21 | 3.7 m |
Baixamar | 12:29 | 0.7 m |
Preamar | 18:43 | 3.5 m |
Vilagarcía | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 00:11 | 0.5 m |
Preamar | 06:27 | 3.7 m |
Baixamar | 12:34 | 0.6 m |
Preamar | 18:48 | 3.5 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)