“Malos tempos para a pesca”. Antón Luaces

16 Marzo 2022

En moi contadas ocasións pode decir o sector pesqueiro que os tempos son os máis axeitados. E os actuáis non convidan, nen moito menos, á expansión persoal ou empresaria. Máis ben todo ao contrario, porque cando non é a escaseza de cotas de pesca, ven ser a suba imparable do prezo do combustible.

Pois ben, este é o momento no que se pode decir aquilo de “eramos poucos, e pariu a avoa”. Porque xunto coa redución de cotas de pesca no caladoiro nacional Cantábrico Noroeste e, en xeral, nos que dependen da Unión Europea, temos o incremento día sí e día tamén -con escasos descansos para a mínima recuperación- dos presos do gasóleo pesca, que pasou de ser “subvencionado” (segundo as organizacións ecoloxistas) a ser a principal rémora para u sector que, no que atinxe a Galicia, é fundamental.

A maior abundamento, os pequenos e medianos transportistas aportan (sen mala intención para co sector pesqueiro) una folga que deixa valeiros os mostradores das peixarías e man sobre man aos peixeiros.

Que facer?.

O de sempre: virar os ollos cara ao Goberno e esixir a este que adopte medidas para poñer solución a un tan grave problema como é contemplar os barcos amarrados e aos cidadáns demandando peixe que levar á boca.

A papeleta non ten doada solución porque o Goberno non pensa reducir os impostos que gravan -e de que xeito- o prezo final do gasóleo pesca. Tampouco vai, é case seguro, incrementar a redución que se aplica a este combustible, medida que tamén é de aplicación ao transporte por estrada. Europa quere pero non da o paso avante para unificar espazos común de submnistración do combustible necesario. E, por se fora pouco, a invasión de Ucraína por parte de Rusia tampouco abre expectativas moi favorables a una saída que permitan una pronta recuperación para aqueles que, nestes momentos, están a sentir os efectos menos desexados.

En contato coa UE, o ministerio ten de Agricultura, Pesca e Alimentación tentará o vindeiro luns acadar una resposta coordinada a nivel comunitario que poda ser asumida polo Consello de Ministros de Agricultura e Pesca para poderen avanzar na adopción de modelos de compensación no posible dos incrementos dos custos de producción. Trátase, como é sabido, de aplicar medidas a través do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca e do máis actual Fondo Europeo de Pesca Marítimas e Acuicultura para, así, poder proporcionar apoio aos operadores polo incremento dos custos  adicionais e garantir deste xeito o mantemento da actividade da frota pesqueira española e comunitaria.

Non vai ser tarefa doada, e menos coa folga do transporte por estrada, que con contribúe nin o máis mínimo a solucionar o problema.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...