Un total de 9.167 afiliados do PP inscribíronse en Galicia e poderán votar este luns a candidatura única de Feijóo
Os rexistrados galegos supoñen case o 22% dos 41.681 que se anotaron no total de España
Un total de 9.167 afiliados do PP inscribíronse en Galicia para participar nas primarias do partido e votar este luns 21 de marzo ao candidato para liderar a formación, Alberto Núñez Feijóo. En España anotáronse un total de 41.681.
Foentes do PPde G confirmaron que dos 9.167 rexistrados en Galicia –que supoñen case o 22% dos anotados en España–, un total de 3.743 anotáronse en Pontevedra, 2.632 na Coruña, 1.577 en Lugo, e 1.215 en Ourense.
O presidente do Comité Organizador do Congreso extraordinario do PP ( COC), Esteban González Pons, informaba este pasado xoves de que pola noite finalizou o reconto dos rexistrados para participar na elección do candidato á presidencia do partido. Segundo precisou, co censo pechado e a expensas dalgunha corrección, alcanzouse cifra de 41.681 rexistrados.
Ata o momento, o partido non ofreceu datos sobre a súa cifra total de afiliados, que algunhas fontes da formación sitúan próximos aos 800.000 militantes. Estes días, fontes do Comité Organizador han subliñado que o importante neste proceso son os que se inscriban, dado que son os que poden participar.
