Licitadas as obras de renovación en Celso Emilio Ferreiro e Braña do Muro, en Aguiño

23 Marzo 2022

O Concello de Ribeira licitou dúas actuacións na parroquia de Aguiño, destinadas a renovación de servizo e pavimentacións de dous puntos da localidade por un importe total de 322.869,94 euros.

Cunha das licitacións o obxectivo é a pavimentación e a renovación das redes de auga para consumo e pluviais na rúa Celso Emilio Ferreiro, unha intervención que conta cun prezo de licitación de 189.765 euros e un prazo de execución de catro meses. De acordo co proxecto técnico, para a mellora do subministro de auga substituiranse as tubaxes existentes por outras de polietileno de alta densidade de 90 milímetros de diámetro, en tanto que no que atinxe a pluviais disporase un colector de PVC de 315 milímetros. A calzada será asfaltada cunha mestura de bituminosa en quente e reporanse as beirarrúas e bordos afectados polas acometidas domiciliarias das redes de auga e pluviais.

Doutra banda, na Braña do Muro, tamén en Aguiño, vaise acometer a pavimentación, saneamento e abastecemento deste camiño por un importe de licitación de 133.104,94 euros e cun prazo de execución de tres meses. As obras que se van realizar consisten na instalación dunha tubaxe de saneamento SN4 de 315 milímetros de diámetro cunha lonxitude de 175 metros polo que se conducirán as augas fecais por gravidade ata o punto máis baixo do trazado, onde se implantará un bombeo dende o cal impulsaranse as augas a través dunha canalización de polietileno de alta densidade de 175 metros de longo e 75 milímetros de diámetro ata a súa conexión á rede xeral.

En canto ás obras de abastecemento, implantarase unha tubaxe de alta densidade de 187 metros de longo e 75 milímetros de diámetro; mentres que para mellorar o tránsito de vehículos e peóns e mellorar a seguridade no camiño, proxéctase o seu aglomerado nun ancho de 6 metros.

Ambas actuacións están enmarcadas no Plan POS+201 e o prazo de presentación de ofertas conclúe o 6 de abril á medianoite a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.