Licitada a renovación do pavimentado e a renovación de pluviais e saneamento nas rúas Chaprado e Ceboleira en Corrubedo

22 Marzo 2022

O Concello de Ribeira informa da licitación dos traballos dirixidos a renovar a pavimentación e á dotación dos servizos municipais de pluviais e saneamento nas rúas Chaprado e Ceboleira, ambas localizadas na parroquias de Corrubedo.

O Concello sinala que “a día de hoxe a rúa Chaprado ten un pavimento de aglomerado asfáltico e non ten servizos de saneamento nin rede de pluviais, en tanto que a rúa Ceboleira contén un pavimento de formigón e tampouco posúe os servizos aludidos”.

A rúa Chaprado de Corrubedo

Na rúa Chaprado vaise instalar un colector de PVC corrugado polo centro da calzada para a canalización de pluviais e un colector de PVC liso para o saneamento. Ademais, aplicarase un pavimento de formigón intercalado con franxas de lousas de granito.

No que respecta á rúa Ceboleira, disporase tamén un colector de PVC corrugado e outro de PVC liso, e no que se refire ao pavimento aplicarase unha solución de formigón.

O orzamento de licitación ascende a 92.687,79 euros, IVE incluído, e o prazo de execución son tres meses.

A actuación está enmarcada no POS+201 e o prazo de presentación de ofertas conclúe o 6 de abril á medianoite a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia.

A rúa Ceboleira

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.