Javier Pérez de Conservas Nosa Arousa visita a sede de Ambar

16 Marzo 2022

A Asociación Ambar das persoas con diversidade funcional de Ribeira recibía hoxe nas súas instalacións a Javier Pérez, xerente da empresa de conservas Nosa Arousa S.L. Nesta visita, Javier Pérez falou da súa traxectoria persoal, contoulles como se formou Nosa Arousa, o seu xeito de traballar, achegoulles suxestións e as nocións básicas para levar a cabo con éxito o traballo.

Ao encontro asistiron os e as alumnas das formacións sobre industria alimentaria e comercio que Ambar esta impartindo nas súas instalacións, grazas ao financiamento da Fundación ONCE, no programa Uno a Uno do POEJ e POISES cofinanciados polo Fondo Social Europeo. Tamén estiveron presentes en representación de Ambar: Milagros Rey, presidenta de Ambar; Daniel Tojo, orientador laboral; Ángeles Sampedro, técnica de emprego; amais de Raquel Riveiro e Inés Abad, docentes das formacións.

Conservas Nosa Arousa é unha empresa comprometida co produto galego onde mestura tradición, materia prima e calidade. A súa produción baséase en edicións limitadas e entre os seus produtos salientan: os mexillóns, as xoubas, os berberechos e a ventresca de atún. Cómpre subliñar que no ano 2021, foi galardoado co Premio de Ouro na Cata Transfronteiriza. Conta con oficinas en Ribeira, elaborándose a conserva no Polígono da Pobra do Caramiñal.  

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...