Isabel Risco recala na Pobra coa función “Bravas”

11 Marzo 2022

Ao abeiro da programación artellada para todo o presente mes con motivo do Día Internacional da Muller, que se conmemorou no 8 de marzo, o Teatro Cine Elma será escenario da representación da función Bravas: unha historia das nosas mulleres, protagonizada por Isabel Risco, quen ofrece a súa particular visión da historia das mulleres galegas.

Será o día 19 de marzo, ás 20.00 horas, e a entrada é de balde ata completa-la cabida.

Trátase dunha actividade organizada pola Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), en coordinación coa área da Igualdade da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.