Incendiaria leva o espectáculo “A lúa vai encuberta”, de Manuel María, ao Auditorio de Rianxo

06 Marzo 2022

O Auditorio de Rianxo vai acoller o 18 de marzo a representación da obra teatral A lúa vai encuberta, de Manuel María, unha coprodución de Incendiara, A Quinta do Cuadrante, Casa Museo Manuel María, CDG e MITFC, co patrocinio das Deputacións de Ourense, A Coruña e Lugo. Será a parir das 21.00 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio. A lúa vai encuberta é a obra gañadora do segundo Certame Manuel María de Proxectos Teatrais.

Público recomendado: persoas maiores de 13 anos.

Duración: 75 minutos.

A entrada é de balde, pode facerse a reserva na web municipal.​​​​​​​

A lúa vai encuberta é, en palabras das produtoras, un espectáculo arredor da realidade galega e “da loita incesante por conformar unha identidade propia, confrontándonos co noso pasado recente e as súas contradicións, desvelando un discurso que hoxe en día está sendo, senón ocultado, silenciado e que explica as razóns de por que hoxe en día o noso país ten os trazos políticos, sociais e económicos que o caracterizan”.

O espectáculo está dirixido por Tito Asorey, con Vanesa Sotelo na dramaturxia, e conta cun elenco formado por Davide González, Melania Cruz, Tito Asorey e Vanesa Sotelo.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.