“Historia dunha maleta” – Manuel Domínguez

08 Marzo 2022

Historia dunha maleta.
Historia dunha esperanza morta.
Veña dádevos présa que marchamos, deixa o teu osiño aí, non podes levar todo, ao chegar a outra casa xa che mercarei outro, a nena chora quere o seu osíño, dáte présa, ben lévao contigo. O osiño é o seu fiel compañeiro nas frías noites de inverno.
María non esquezas as fotos familiares, son recordos indelebles, é o pasado, a historia das nosas vidas.
Só o imprescindible, non espero estar moito tempo fóra de casa, cando isto amaine, regresaremos, esta é a nosa casa, o noso fogar a terra onde nacín.
Querido oxalá teñas razón e isto acabe axiña e podamos regresar.
Que fas? Coas súas propias mans escarva na fértil terra do horto e nun sobre deposita un pouco de terra, quere levar un anaco de patria consigo.
Todas as ilusións, todo o pasado nunha soa maleta, dentro de dous días a nena deixará de chorar de medo nas noites, Polonia garante un pouco de paz.
De igual maneira que hai anxos bos sen ás, tamén hai reencarnación de Lucifer, e un cainita aperta un botón de morte, a morte camiña a non sabe onde, hoxe é o azar, onte non era o azar, o azar non bombardea un hospital, unha escola, unha igrexa, nin un fogar, matar a un pobo ten un nome, xenocidio, que debese ser xulgado por crimes de guerra, crimes de lesa humanidade.
A ilusión, a esperanza, os soños, caen ao chan, tocou ao seu fin, a maleta intacta, en pé permanece chea de soños que non terán futuro, a maleta tamén permanece morta, unha morte sen razón como moitas mortes, antes da hora.
Hoxe rendo homenaxe, con esta imaxe a historia dunha sen razón.
Un descoñecido, cheo de humanidade, deposita unha manta tapando os soños incumpridos, un osiño inocente falece no asfalto, non terá quen lle bique, non, non é suficiente compartir a túa dor, esa non é a solución. Pero eu só teño unha pluma, só teño unha arma, a palabra, temblorosamente húmida por certo.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.