“Gobernar con valentía” – José Manuel Pena

23 Marzo 2022

Todos coincidimos no diagnóstico. Vivimos momentos con certas dificultades, non maiores que noutros tempos, por determinadas circunstancias extraordinarias como pode ser a Pandemia da COVID-19 e agora, máis recentemente, o conflito bélico, guerra ou invasión en pleno corazón de Europa.

Non podemos esquecernos de que temos que saír adiante pero non a calquera prezo. Non poden pagar as consecuencias da crise económica e social, os de sempre: familias humildes e traballadores modestos, máxime coa enorme desigualdade social que xa existe no noso país, ocupando o segundo posto entre todos os membros da Unión Europea.

Hai que blindar o Estado do Benestar, garantindo as prestacións sociais e os servizos públicos esenciais, que non poden servir de moeda de cambio. Hai que entender o mundo económico como un conxunto e non unicamente enfocando o problema por sectores produtivos porque as consecuencias, maiores ou menores, afectan a unha gran maioría de cidadáns.

Tratar de pór freo aos privilexios, á usurería e á especulación de certas grandes empresas e oligopolios que chegaron a pór en xaque ao goberno e ao propio Estado. Os diferentes gobernos, central e autonómicos, teñen que adoptar medidas valentes pensando no futuro do país e non nos custos electorais.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.