Fin do illamento xeneralizado de positivos de COVID en Galicia desde este luns

27 Marzo 2022

A partir do luns cambiaranse os protocolos de vixilancia e control de casos da covid, co que calquera persoa con síntomas de covid ou un autotest positivo será considerada un “caso sospeitoso” e non se lle realizará ningunha proba de confirmación nin terá que illarse, senón seguir unha serie de recomendacións e extremar as precaucións.

Só faranse probas diagnósticas confirmatorias -unha PCR ou un test de antígenos no ámbito sanitario, non un autotest- ás persoas de grupos vulnerables, é dicir maiores de 60 anos, inmunodeprimidas ou embarazadas, e aínda no caso de que dean positivo non se lles illará a non ser que estean nun centro sanitario ou sociosanitario.

En canto aos contactos estreitos, non se lles identificará nin se realizará seguimento, con carácter xeral, aínda que si se recomendará aos casos sospeitosos e aos confirmados que informen aos seus. Tamén se lles recomendará extremar as precaucións ata pasados dez días e permanecer no seu domicilio ata que melloren os síntomas.

Outros recomendacións son, á parte do uso de máscara e distancia de seguridade en todo momento, a de evitar contacto con persoas vulnerables e non acudir a ámbitos de risco, reducir as interaccións sociais e lavar as mans con frecuencia.

En Galicia, a eliminación dos illamentos será máis xeral, xa que non se vai a illar a ningunha persoa, senón só ás que estean en ámbitos vulnerables. A norma é tamén de aplicación nos colexios nos que non será “illamento de casos, nin proba diagnóstica, nin tampouco corentena” a non ser que sexan inmunodeprimidos.

Outros artigos

“Conservatorio de Lugo” – Xulio Xiz

Acudín a un sinal de vida no Auditorio grande de Lugo, ese que é homenaxe permanente a Xesús Mato e aos mozos que en Mondoñedo entraron na gloria da música, e desfrutei do concerto da actual fornada do Conservatorio de Música lucense,, que se permite ter tres bandas:...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

O bispo demérito (sic) de Alcalá de Henares, vén de relacionar a "discapacidade psíquica, intelectual ou física" (considérome afectado directo) cunha "herdanza do pecado" e a estas alturas aínda ninguén lle retirou o carné de conducir fieis, mitigar males ou redimir...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.