“Explicar as causas do accidente do Villa de Pitanxo” – Antón Luaces

03 Marzo 2022

Agora que, oficialmente, xa son finados os 12 tripulantes desaparecidos no naufraxio en augas de Terranova do pesqueiro de Marín “Villa de Pitanxo”, as familias destes homes manteñen en pé as súas demandas de información precisa sobre a causa ou causas do rápido afundimento  do barco, ao igual que reclaman o cumprimento polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez, da súa promesa de retomar as tarefas de localización do pecio.  Neste senso, non son poucos os mariñeiros que, polo baixo, comentan sobre o por que non se desprazou á zona do afundimento do “Villa de Pitanxo” algún buque da Armada española que, ao pouco de se coñecer a traxedia vivida a 250 millas das costas de Terranova, puidera realizar cos pesqueiros galegos e portugueses que permanecían pescando naqueles caladoiros unha máis intensa busca dos mariñeiros desaparecidos. Ao seu parecer, se unha fragata española ten protagonismo en manobras conxuntas con outros buques da OTAN, tamén nun caso de tanta emerxencia como é recuperar os corpos de mariñeiros desaparecidos no naufraxio do seu barco, semella de xustiza que estea alí onde pescadores españois son vítimas do afundimento da que, durante meses de marea, é a súa “casa”. Na análise que se fai, as fontes consultadas por O Barbanza reclaman a atención das autoridades marítimas españolas cando autorizan e despachan buques de pesca con destino a Terranova dotados de balsas salvavidas que todos recoñecen  como “inviables” para augas como as deses caladoiros. Tal inviabilidade queda demostrada coa morte de tripulantes cuxos corpos foron recuperados -xunto cos dos únicos tres sobreviventes, afectados estes de hipotermia aguda-  nunha desas balsas supostamente salvavidas. (De tardar uns minutos máis os rescatadores, tamén os agora sobreviventes sumarían á hora de falarmos de tripulantes falecidos). Conclusión: cómpre substituír as balsas salvavidas actuais por unha ou dúas embarcacións autoadrizables dotadas de medios de comunicación e localización, de subsistencia, etc., que garanten a  vida dos ocupantes por moitas máis horas ca unha balsa de plástico máis ou menos ríxida.

Os tres sobreviventes -especialmente o patrón do pesqueiro de Marín-. deberán declarar a respecto do acontecido diante da Comisión Permanente de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos (CIAIM) que determinará as causas do afundimento do conxelador. Para os armadores galegos resulta moi necesario dispoñer dun protocolo de busca e de medios propios dispoñibles para naufraxios que, como o do “Villa de Pitanxo” teñen lugar en augas lonxanas de Galicia e mesmo das costas dos caladoiros aos que acoden e que están fora das augas xurisdicionais -como é o caso de Terranova- por máis que se trate dunha zona SAR que atende Canadá. As familias dos tripulantes mortos non desbotan a posibilidade de que, se non todos, si algúns -cando menos- dos agora recoñecidos como falecidos  permanezan no interior do buque ao non lles dar tempo a abandonalo dada a rapidez na que afundiu e a posibilidade de que a maioría non dera postos os traxes de supervivencia cos que se guindar ao mar.
Para boa parte  dos deudos dos mariñeiros mortos existen dúbidas “que ninguén clarexa” da rapidez do afundimento do buque.  E ao marxe de todo isto, lembrar que o xulgado número 2 de Vigo xa decretou o falecemento deses 12 tripulantes desaparecidos no naufraxio do pesqueiro de Marín. Este recoñecemento oficial resulta necesario para que os familiares podan dispoñer de medios de acceso máis rápidos ás prestacións socioeconómicas de viuvez ou orfandade ás que teñen dereito. 

Outros artigos

“Le vi triste, bajo un árbol” – Manuel Domínguez

No era un día máis Yo le vi triste, bajo un árbol, a la sombra que este le regalaba. Hacia calor, mucho calor, le compre un helado de hielo, se lo pase por la boca y lo disfrutaba. Le pregunte que se volviera conmigo, no quiso, digo que sus amigos volverían por él...

+

“Pedro Sánchez e Israel”. José Antonio Constenla

Lo último de Pedro Sánchez, convertido en agente propagandístico de Hamas,es tachar a Israel de “Estado genocida”. Más allá del estruendo mediático, lopreocupante no es tanto la acusación en sí, sino lo que representa, porque esun gesto diplomático de enorme calado,...

+

“Los residuos”. José Manuel Pena

Los residuos, el tratamiento de los mismos así como elreciclaje son unas cuestiones mucho más importantes de lo queparece. Que las empresas cobren por retirar los residuos, denuestros pueblos y ciudades, y no por reciclarlos nos debe hacerpensar y mucho más a nuestros...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Tocar o ceo coas xemas dos dedos”. Antón Luaces

“Tocar o ceo coas xemas dos dedos”. Antón Luaces

Enzo Maiorca, mergullou fronte á costa de Siracusa, xunto coa súa filla Rossana á que deixara no bote cando, ao se dar volta, viu un golfiño que, supuxo, non estaba alí para xogar senón para tentar comunicar algo. O golfiño sobmerxéuse nas profundidades mariñas e Enzo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.