Este venres 11 de marzo a Biblioteca Municipal de Boiro acolle unha nova edición de Divirte-T, unha proposta lúdica, cultural e creativa ao servizo da rapazada local. As actividades comezarán ás 16.30 horas e incluirán, como de costume, xogos e obradoiros destinados a nenas e nenos de idades comprendidas entre os 5 e os 10 anos. As inscricións deberán formalizarse a través da web municipal, www.boiro.gal.
