Entregado o premio da campaña Namórate de Rianxo: un escaparate enteiro na rúa de Abaixo

09 Marzo 2022

A plataforma Somos Rianxo, fronte común dos negocios locais da hostalería e o comercio, entregou finalmente o premio do certame Namórate de Rianxo, de cuxa resolución informamos os días pasados dende O Barbanza, destacando que o certame culminaba co sorteo dun escaparate completo, formado por produtos cedidos por numerosos negocios de Rianxo (ceas, máquinas fitness, roupa, produtos para o fogar, vales de compra, etc) e con sede na rúa de Abaixo.

A asociación, que deu as grazas á veciñanza e ao tecido comercial de Rianxo pola súa implicación nunha iniciativa que tiña por obxectivo revitalizar a economía local e premiar a fidelidade da xente polos negocios locais, entregou o premio na noite deste 8 de marzo. O premio, un único galardón colectivo, foi compartido (e recollido) por Tamara Sobradelo Nine, Carla Ordoñez Hermo, Miriam Rodriguez Collazo, Eva Raño Alcalde e Tamara Iglesias Carou.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.