En Ribeira o Concello emprendeu arranxos en cinco instalacións deportivas de catro parroquias

01 Marzo 2022

Amaños levados a cabo no Campo da Tasca

O Concello de Ribeira fixo balance dos seus traballos recentes para a reforma e mantemento das súas instalacións deportivas. En concreto, emprendeu labores de reparación en cinco infraestruturas deportivas de titularidade municipal situadas en catro parroquias: Aguiño, Carreiro, Oleiros e Ribeira.

Así, no que se refire ao Campo de Fútbol da Tasca, situado na parroquia de Aguiño, substituíronse as portas e acondicionouse o depósito de auga: traballo este último desenvolvido por usuarios do módulo de carpintería da UAD, ao igual que do pintado da madeira exterior dos vestiarios deste campo.

Arranxos na Trinidade

Por outro lado, a brigada de obras actuou no Campo Municipal da Trinidade, en San Martiño de Oleiros, procedendo ao asfaltado exterior en torno ao campo de herba artificial. Na instalación tamén se colocaron postes perimetrais.

O jacuzzi da Fieiteira

Polo que respecta á pista deportiva ao aire libre do Touro, en Santa Uxía de Ribeira, arranxáronse as canastras e porterías e nos próximos días substituiranse as redes en mal estado. E no que se refire ao Centro de Raqueta de Coroso, reparouse a pista de squash.

O squash de Coroso

Por último, o Concello informou de que na Piscina Municipal María Vilas da Fieiteira, complexo localizado dentro da parroquia de Carreira, estase a encintar e arranxar a zona de jacuzzi para proceder nas próximas semanas á súa reapertura.

A portería da pista do Touro

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.