A Concellería de Cultura de Ribeira informou da convocatoria dunha proba de selección para o Grupo Municipal de Teatro de Ribeira.
Esta iniciativa está dirixida a persoas de 18 anos en diante e terá lugar o martes 26 de abril ás 21 horas no Auditorio Municipal.
As persoas que sintan interese en participar na proba deben inscribirse entre o 1 e o 24 de abril enviando un correo electrónico (indicando nome, apelidos, idade e teléfono de contacto) a culturaefestexos@ribeira.gal.
Máis información chamando ao teléfono 981 835 650 de luns a venres de 9 a 14 horas.
