En Ribeira alumnado e profesorado da aula galega de saxofón ofrecerán dous concertos

Esta vindeira fin de semana a Aula Galega de Saxofón ofrece dous concertos do alumnado no Conservatorio de Música de Ribeira e nos que tamén participará o profesorado que imparte este seminario permanente.
Serán o sábado 26 ás 20:30 horas e o domingo 27 ás 20:00 horas.
Nestes concertos actuará o alumnado que participa nesta actividade e que, ademáis de estudantes do conservatorio ribeirense, acoden doutros lugares como Pontevedra, Vila de Cruces, Meaño, Sanxenxo, Santiago, etc… Cada un dos concertos finalizará coa intervención do profesorado (Xabier Casal, saxofón e Hilomi Sakaguchi, piano).
Audicións
Ademáis disto o conservatorio ofrecerá o vindeiro luns una nova audición do alumando de piano e corda e o mércores 30 está prevista unha do alumnado de vento.
Todas estas actuacións poden seguirse en directo a través da canle de youtube Co conservatorio.
Para acudir presenciamente é preciso reservar entrada enviando un email a secretario.conservatorio@ribeira.gal