Domingo con nubes e claros

O domingo Galicia quedará na influencia dunha masa de aire frío impulsada polos ventos intensos do norte. Con esta situación, na metade norte da Comunidade os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos, mentres que na metade sur quedarán con alternancia de nubes e claros.

As temperaturas mínimas continuarán sen cambios, con xeadas no interior, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán do nordés, no interior frouxos , aumentando a moderados á tarde; moderados con intervalos fortes na costa.

meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do nordés á mañá e do norte á tarde e á noite, forza 4 a 5 á mañá e á tarde e 2 a 4 á noite. Forte marusía á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 3 metros á mañá e á tarde e 1.5 a 2.5 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar00:000.6 m
Preamar06:163.8 m
Baixamar12:230.7 m
Preamar18:323.5 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar06:083.7 m
Baixamar12:150.7 m
Preamar18:263.4 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar06:133.7 m
Baixamar12:190.7 m
Preamar18:293.4 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)