David Chipperfield visitou con Luis Oujo a reforma portuaria de Porto do Son

21 Marzo 2022

Os días pasados o prestixioso arquitecto inglés afincado en Corrubedo David Chipperfield, impulsor da Fundación RIA (entidade envorcada en reivindicar os formatos arquitectónicos, urbanísticos, sociais, económicos e culturais da tradición secular da nosa comarca), visitou Porto do Son para comprobar en detalle o resultado dos traballos para renovar a fachada marítima da vila, un proxecto que foi concibido para humanizar a contorna portuaria e “devolver” o acceso ao mar á cidadanía e aos visitantes. Na súa visita estivo acompañado polo alcalde, Luis Oujo, a tenente de alcalde, María Maneiro, e polo arquitecto co-redactor do proxecto e director de obra, Marcial Rodriguez.

Chipperfield salientou positivamente o resultado final da iniciativa e destacou os seus valores de “coherencia e calidade”, poñendo o foco nos espazos habilitados para o desfrute das persoas, que pasan a ser a prioridade na contorna portuaria e marítima de Porto do Son. Amais, dixo, que a renovación da fachada marítima de Porto do Son é “un exemplo a seguir” que demostra que “é posíbel, coa implicación política e o esforzo de todos, facer realidade intervencións no espazo público sensatas e de elevada calidade”.

Luis Oujo, pola súa banda, mostrou o seu agradecemento a Chipperfield e ao seu interese polos traballo realizados na vila.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.