Noia concéntrase este mércores en apoio do pobo ucraíno e impulsa unha campaña solidaria de recollida de alimentos e medicinas

09 Marzo 2022

Este mércores 9 de marzo o Concello de Noia organiza unha concentración en apoio do pobo ucraíno e como mostra colectiva de repulsa fronte á invasión rusa e o asasinato sistemático de civís que está a perpetrar o exército de Vladimir Putin. O acto está previsto para as 12.00 horas diante da Casa do Concello. Dende o Goberno local fan un chamamento á cidadanía a participar nesta mostra colectiva de solidariedade co pobo ucraíno.

Campaña solidaria

A maiores, lembrar que o salón de plenos do Consistorio acolleu este luns 7 a presentación da campaña Solidariedade con Ucraína. No acto estiveron presentes o alcalde, Santiago Freire, a concelleira de Servizos Sociais, Marisol Villar, o párroco José Ortoño e o presidente de Cáritas Noia, Juan Carlos Pérez. Trátase, segundo dixeron, dunha actividade para canalizar e materializar en axuda material o espírito solidario da veciñanza de Noia.

Segundo fixeron saber, as doazóns pódense realizar no local de Cáritas de Noia (Malecón de Gasset 16) de luns a venres de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 19:00; os sábados e domingos só en horario de mañá de 10:00h a 13:00h. No cartel que acompaña a iniciativa e que incluímos nesta mesma información poden consultarse os produtos e equipamentos de meirande urxencia para seren levados a Ucraína.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.