COGAMI inicia en Boiro un curso de alfabetización dixital no que se forman oito persoas

02 Marzo 2022

As instalacións da aula CeMIT do Centro Social de Boiro acollen estes días curso de Alfabetización Dixital impartido pola Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI). Esta formación iniciárona un total de 8 persoas, 6 homes e 2 mulleres, todas elas co certificado de discapacidade ou incapacidade laboral para profesión habitual, e procedentes dos concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Lousame.

A actividade de capacitación tecnolóxica, financiada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional a través de COCEMFE e dentro das Actuacións dirixidas á atención de adultos con NEE 2021-22, contará cun total de 85 horas lectivas que serán impartidas de luns a venres en horario de 9:30 a 14.00 horas, e nos que abordarán os módulos de internet, procesador de textos e folla de cálculo.

Estes cursos que desenvolve COGAMI teñen como obxectivo impulsar a inserción sociolaboral, co fin de que o alumnado acade os coñecementos e habilidades para poder inserirse canto antes no mercado laboral. Arestora, bolsa de emprego de COGAMI ten inscritas un total de 419 persoas inscritas da comarca da Barbanza, das que 274 son homes e 145 mulleres.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.