Che Tembra inaugura este venres a mostra A metade do ceo no Auditorio de Rianxo

03 Marzo 2022

A sala de exposicións do Auditorio de Rianxo vai acoller entre o 4 de marzo e o 3 de abril unha exposición de Che Tembra, a mostra A metade do ceo, que recolle pezas en ferro do artista rianxeiro tamén coñecido como José Andrés Tembra Redondo (Taragoña, 1955).

O acto de apertura terá lugar o venres 04 de marzo ás 19.00 horas e ademais do autor da exposición participará o Grupo de Teatro Airiños, o grupo Barahúnda, a Asociación Cultural Barbantia, a Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza e o Concello de Rianxo.

O artista

Che Tembra faise chamar a si mesmo “ferreiro escultor de refugallos”. É un artista de Taragoña, onde tamén ten o seu obradoiro e a súa forxa. A súa obra, tal e como el mesmo destaca, ten un forte compromiso coa esencia da nosa terra, coa defensa das liberdades e coa loita contra as inxustizas (ten protagonizado exposicións a prol da memoria histórica e da igualdade das mulleres).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.