Boiro Novo presenta unha moción para esixir aos bancos unha atención inclusiva

09 Marzo 2022

Boiro Novo, a través da concelleira Dores Torrado, presentou unha moción para esixir que as entidades bancarias empresten unha atención axeitada ás persoas maiores e ao consumidores vulnerábeis.

A oficina de Abanca en Escarabote, que motivou protestas veciñais polo seu peche

Segundo explica a agrupación, ao abeiro das novas ferramentas dixitais “estase a producir hoxe unha discriminación para as persoas maiores, para as que moitas veces lles resultan dificilmente accesíbeis, coas entidades bancarias impoñendo unha forma de xestión dixital que está a derivar no que algúns organismos xa denominan exclusión financeira”. Isto agrávase co peche de oficinas, sinala Boiro Novo, poñendo o foco en que boa parte da cidadanía fica deste xeito sen servizo bancario e en que as entidades néganse a permitir as xestións presenciais, obrigando a acudir ao caixeiro automático ou a Internet.

Polo anteriormente exposto, a agrupación solicita o voto favorábel da Corporación para os seguintes acordos:

Primeiro: Instar ao conxunto das entidades bancarias que operan no Concello de Boiro a reforzar os recursos para ofrecer un servizo adecuado, durante todo o horario de oficina, que cubra as necesidades dos seus usuarios e usuarias, en especial das persoas maiores que non poden acceder ás xestións en liña e pasan grandes dificultades á hora de acceder ás oficinas bancarias.

Segundo: Instar ao conxunto das entidades bancarias que operan no Concello de Boiro a prestar unha atención prioritaria ás persoas consumidoras vulnerábeis.

Terceiro: Instar ao Banco de España, organismo regulador competente do sistema financeiro, a vixiar que os produtos financeiros das entidades bancarias non conteñan publicidade que poida resultar enganosa para as persoas consumidoras en risco de exclusión.

Cuarto: Instar ás entidades bancarias a non cobrar comisións aos pensionistas e a darlles información axeitada sobre os seus servizos e produtos.

Quinto: Instar á Xunta de Galicia a desenvolver as súas competencias exclusivas en materia de consumo, impulsando, ao abeiro do Instituto Galego de Consumo e da Competencia, campañas colectivas de reclamacións bancarias, información ás persoas consumidoras e estudos propios sobre a vulneración dos seus dereitos.

Sexto: Trasladar o presente acordo ao Banco de España, á Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia e ao conxunto das entidades bancarias que operan no Concello de Boiro.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.