Boiro acolle este xoves un obradoiro sobre manexo do estrés

08 Marzo 2022

O Centro Social de Boiro acolle este xoves 10 de marzo o Obradoiro Manexo do Estrés e a Ansiedade, a partir das 16.30 horas e aberto á cidadanía en xeral (previa inscrición no CIM). O taller, abeirado ao programa de actividades que organiza o Centro de Información ao Muller ao abeiro do Pacto de Estado, ten o obxectivo de mostrarnos como xestionar as emocións e conseguir un manexo axeitado do estrés e ansiedade. Como dixemos, recoméncase facer a inscrición no Centro de Información á Muller de Boiro, aínda que o acceso da cidadanía en xeral será libre ata completar a capacidade máxima. Os contidos virán da man da psicóloga sanitaria Patricia Porrúa.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.