BNG reclama medidas para a activar alerta rápida en salvamento marítimo

14 Marzo 2022

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, vén de rexistrar novas iniciativas para que a Dirección Xeral da Mariña Mercante elabore unha mensaxe -alerta rápida- que sexa radiada de maneira continua como un aviso para os navegantes. A organización nacionalista quere “que se dea cumprimento ao Regulamento de Comunicacións Marítimas de 2006 para activar a emisión de alertas de socorro”. Así mesmo, Rego reclama pór en marcha unha campaña de concienciación dirixida a patróns e mariñeiros dos barcos galego sobre os perigos de navegación e a súa prevención.

Os precedentes directos desta petición están no afundimento do Vila de Pitanxo hai un mes en Terranova, que, segundo indican, “trouxo consigo o debate sobre a aplicación durante a navegación de todas as medidas de seguridade existentes e as que se deberían implantar nos diferentes barcos que faenan”.

O BNG di que a Dirección Xeral da Mariña Mercante ten que elaborar unha mensaxe de alerta rápida para que poida ser radiada de forma continua como “aviso aos navegantes”. Isto, sinala a agrupación, “daría cumprimento do Regulamento de Comunicacións Marítimas do ano 2006 para a activación e emisión das alertas de socorro en chamada selectiva dixital en función da zona marítima na que faenen ou naveguen”.

Así mesmo, a organización nacionalista propón que se poña en marcha “unha campaña de concienciación dirixida aos patróns e mariñeiros dos buques galegos sobre os perigos da navegación e a súa prevención”. Rego lembrou que a propia CIAIM xa recomendara en 2005, co naufraxio do pesqueiro O Baía, na contorna das Illas Sisargas, na Costa da Morte, realizar este tipo de campañas sobre os perigos de navegación con mar de popa ou de aleta, “incidindo especialmente nos factores externos que orixinan situacións de redución da estabilidade, de aumento da escora e de acometidas de grandes ondas”.

“O obxectivo de toda investigación de sinistros marítimos é tratar de evitar sinistros análogos no futuro e as distintas administracións deben ser as primeiras en tomar boa nota, non só da lexislación e da súa correcta aplicación, senón tamén das recomendacións dos organismos investigadores” reivindica Rego, engadindo que “no mundo do mar, as comunicacións poden marcar a seguridade dun buque, a da súa carga e, o que é máis importante, a dos seus tripulantes, e malia todo isto as comunicacións en xeral, protocolos, sistemas, servizos, actuacións e mesmo as responsabilidades, dereitos e deberes son unha materia que as propias administracións deberían poñer o máximo empeño en explicalas a todas as persoas responsábeis dos barcos que faenan, precisamente para que se apliquen, durante a actividade pesqueira, todas as medidas”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

O bispo demérito (sic) de Alcalá de Henares, vén de relacionar a "discapacidade psíquica, intelectual ou física" (considérome afectado directo) cunha "herdanza do pecado" e a estas alturas aínda ninguén lle retirou o carné de conducir fieis, mitigar males ou redimir...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.