Avanzan as obras para o acondicionamento do depósito de vehículos de Espiñera, Boiro

11 Marzo 2022

O Concello de Boiro informou este venres 11 do acondicionamento do depósito municipal de vehículos, localizado no lugar de Espiñeira, que, grazas ás obras que están a despregar e que avanzan a bo ritmo, reúne finalmente “as condicións axeitadas para as funcións para as que debe ser empregado”, explicaron fontes do Consistorio, engadindo que esta actuación levouse a cabo con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña por un importe de 135.170,99 euros.

O Concello fixo saber que “despois do baleirado dos vehículos e do nivelado do terreo e instalación da rede de pluviais, que inclúe separador de graxas para evitar verteduras na rede pública, realizouse o pavimentado do espazo”. Para concluír a obra vaise realizar o peche perimetral e tamén a instalación de alumeado público co obxectivo de garantir as melloras condicións de seguridade e custodia de vehículos.

Con esta actuación vense de acondicionar un espazo dun 1.100 metros cadrados, pechado e pavimentado con capacidade para uns cincuenta vehículos.

O Concello conclúe que “as administracións locais teñen a obriga da custodia axeitada dos vehículos retirados mentres non se resolven os procedementos xudiciais”. Con esta actuación o Concello de Boiro quixo solucionar o problema sobre o depósito de vehículos retirados da vía pública “xa que non se dispoñía dun lugar en condicións”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pedro Sánchez e Israel”. José Antonio Constenla

“Pedro Sánchez e Israel”. José Antonio Constenla

Lo último de Pedro Sánchez, convertido en agente propagandístico de Hamas,es tachar a Israel de “Estado genocida”. Más allá del estruendo mediático, lopreocupante no es tanto la acusación en sí, sino lo que representa, porque esun gesto diplomático de enorme calado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.