As actividades do Entroido en Rianxo deste martes trasládanse ao Auditorio

01 Marzo 2022

O Concello de Rianxo, a través da Concellaría de Cultura, Museos e Mocidade, informou de que “por mor da climatoloxía adversa para a tarde de hoxe, martes 1 de marzo, as actividades previstas do Entroido rianxeiro na praza Castelao trasládanse finalmente ao Auditorio Municipal”.

A axenda deste martes primeiro de marzo arrinca no novo emprazamento ás 16.30 horas, con obradoiros, xogos e animación a cargo de Infantilandia. Ademais, ás 18.30 horas, está prevista (na nova localización) unha actuación de circo, humor e escapismo a cargo de Natalia Outeiro, Pajarito, que trae a Rianxo o seu espectáculo A vida tola.

 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Propongo” – Manuel Domínguez

“Propongo” – Manuel Domínguez

Propongo una gran concentración ciudadana, empresarios, obreros, amas de casa, estudiantes, pueblo en general. Manifestando la repulsa, ante la cantidad de vandalismo que tenemos que sufrir diariamente Algo no funciona, la policía detiene al ladrón, le llevan al...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.