As actividades do Entroido deste martes en Boiro serán no Pavillón do Santa Baia

01 Marzo 2022


A Concellería de Cultura do Concello de Boiro traslada o concurso de disfraces e demais actividades de Entroido previstas para a tarde deste martes para o pavillón do CEIP Santa Baia debido á previsión de choiva. Manterase o concurso de comparsas e disfraces, a animación e o DJ para nenos e nenas.

O programa de actividades mantense segundo o previsto e, a partir das 16.00 horas, comeza a animación musical con DJ no pavillón do CEIP Santa Baia. Ás 17.00 horas comezarán as actuacións dos grupos O mundo do circo, Latexo percusión, Adorniña de Abanqueiro, As da boina e Nunca é Tarde e o desfile de disfraces.

As inscricións para o concurso de comparsas e disfraces estarán abertas antes do desfile. Ás 19.00 horas farase a entrega de premios e continuará a animación e o DJ.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.