Aprazada por COVID a función deste venres en Ribeira polo Día Mundial do Teatro

23 Marzo 2022

O Concello de Ribeira vén de informar de que debido a detección de positivos en COVID no elenco da compañía tivo que ser aprazado ata nova data o espectáculo previsto para este venres 25 de marzo, ás 21:00 h, no auditorio municipal, no que con motivo da conmemoración do Día Mundial do Teatro, íase representar A lúa vai encuberta.

Porén, si que se mantén a función prevista para o sábado, na que se celebra o Día do Teatro coa comedia de enredo Un morto moi vivo! a cargo do grupo de teatro do Club de Maiores de Boqueixón. A entrada será gratuíta, ata encher aforo, con uso obrigado de máscara e inscrición no propio auditorio dende as 20:00 horas.

Grupo municipal
No marco da dita efeméride, o Grupo de Teatro Municipal de Ribeira actuará o domingo 27 de marzo en Teo. Será no auditorio Constante Liste co espectáculo O Rei Telesforo Busca Noiva (e quere noivo) o domingo 27 ás 18 horas. A entrada é gratuíta, sendo necesario reservar a entrada a través da páxina municipal de Teo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.