“Aporofobia: dimisión xa!” – José Manuel Pena

17 Marzo 2022

A aporofobia segue estando de plena actualidade á vista da actitude cínica e denigrante de rexeitamento cara á pobreza e as persoas pobres da que fixo gala o conselleiro de Educación e portavoz da Comunidade Autónoma de Madrid, unha das máis ricas de España.

O citado personaxe, que percibe máis de 100.000 euros mensuais de soldo do erario público atreveuse a rirse do Informe Foessa para Cáritas sobre o aumento da Exclusión Social e a Pobreza na Comunidade de Madrid, que xa afecta a un millón e medio de persoas.

Hai que lembrar que España é o segundo país da Unión Europea con maior índice de desigualdade social e no informe de Cáritas descríbese que na Comunidade de Madrid “o emprego, a vivenda e a saúde son os principais factores de exclusión”, como tamén ocorre noutra comunidade do estado español.

Cáritas sinala, no seu informe, que “o empeoramento das condicións de traballo é o que xera máis traballadores pobres”. Tamén sinala que “o 16% dos fogares quedan por baixo do limiar da pobreza severa tras pagar os gastos da vivenda, máis de 400.000 familias”.

Tamén que case 300.000 fogares deixaron de comprar medicamentos e seguir tratamentos médicos, por problemas económicos. Todo isto é para rirse?. Dimisión Xa!!!

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...